Acción Titorial

O Plan de Acción Tutorial (P.A.T.) é un conxunto de actividades e procesos encamiñado a potenciar a educación integral dos alumnos/as e que pretende incidir especialmente no seu desenvolvemento persoal, interpersonal e social.

A súa estrutura e contidos son variables para cada un dos cursos, posto que contén un número de sesións de tutoría diferentes, adaptadas aos distintos niveis e grupos de idade aos que vai dirixido. Por outra banda, en primaria e secundaria as actividades ou sesións de titoría  son fundamentalmente de grupo , aínda que se impulsa con intensidade a atención individualizada-, e en Bachillerato son mayoritariamente individuais, aínda que se realizan tamén algunhas actividades de grupo. 

O noso P.A.T. , en Educación Primaria, vertébrase en torno a varios eixes temáticos que a percorren verticalmente:

      • O control e manexo da atención. 
      • A aprendizaxe de habilidades sociais e o control das emocións. 
      • O desenvolvemento da competencia espiritual e interioridade (en coordinación co Plan de Pastoral).
      • A toma adecuada de decisións. 
      • O desenvolvemento moral. 

Polo que respecta a Secundaria, mantéñense basicamente as mesmas liñas de acción que en Primaria, pero algunhas delas amplíanse e profundan, e incorpóranse outras que toman especial relevancia nesta etapa educativa:

      • O portfolio como cartafol ou arquivo onde se recollen diferentes documentos relacionados coa vida persoal do alumno, as súas vivencias, actividades da acción titorial, etc.; e que abarca desde 1º a 4º de E.S.O.
      • O coñecemento interpersonal.
      • O estudo das normas e a súa importancia.
      • O abordaje de temáticas sociais de interese: violencia de xénero, acoso escolar, uso das TICs, campañas solidarias, etc.
      • O desenvolvemento de diferentes tipos de pensamento que interveñen directamente nas relacións interpersonales e no crecemento moral (pensamento consecuencial, causal, en perspectiva, medios-fin, etc.) e a orientación académica, profesional e vocacional.

En definitiva, os obxectivos que pretendemos conseguir son:

    • Coñecer, aceptar e valorar a súa persoa e a dos seus compañeiros.
    • Dinamizar a vida socio-afectiva do grupo-clase
    • Contribuír á personalización da educación, axustando as respostas educativas ás necesidades do alumno.
    • Favorecer os procesos de madurez persoal.
    • Previr as dificultades no desenvolvemento persoal e social do noso alumnado.
    • Contribuír á creación dun clima de convivencia positivo na comunidade escolar.
    • Facilitar a integración dos alumnos/as na dinámica escolar.
    • Favorecer o proceso de maduración vocacional, á vez que a orientación académica e profesional do alumnado.
    • Impulsar a tolerancia e a capacidade de pensamento crítico.
    • Promover o cultivo da dimensión espiritual inherente a cada persoa.
    • Fomentar os valores humanos e unha actitude social participativa e solidaria.

As diferentes actividades de titoría son implantadas e desenvolvidas polos titores asignados a cada curso. Realízanse unha vez por semana e segundo a programación establecida previamente nas reunións destinadas a iso.

O conxunto de obxectivos, actividades e contados . que constitúen o P.A.T. sométense a revisión periódicamente, a través duns indicadores e criterios de avaliación que o mesmo Plan incorpora. A finalidade desta revisión é axustar e modificar aqueles aspectos que non resultan satisfactorios; ou ben, valorar a pertinencia de incorporar outros que poidan considerarse importan.