Bacharelato (17-18 anos)

Somos o único centro católico que oferta Bacharelato na nosa provincia, desenvolvendo e completando o currículo destes dous cursos segundo o establecido na lexislación estatal e a Comunidade Autónoma de Galicia e respondendo ao principio de autonomía pedagóxica, de organización e xestión, coa finalidade de adecuarnos ás características e realidade dos nosos alumnos.

Un dos nosos principais acenos de identidade nesta etapa é a implantación do proxecto  TBL - FEC, metodoloxía que pon o coñecemento ao servizo da acción, a través da colaboración e o debate en e entre equipos, conseguindo unha aprendizaxe activa e fomentando o pensamento crítico e creativo. Este proxecto busca, sobre todo, propiciar o desenvolvemento persoal dos alumnos e o das capacidades esenciais para o seu progreso académico e a súa futura empregabilidade no mundo laboral actual. Somos pioneiros, xunto ao resto de centros da nosa Institución na implantación deste proxecto en España.

Creemos que os dous cursos de bacharelato esixen , ademáis do compromiso por un ensino de calidade que permita afrontar ao alumnado o paso á outra formación superior, un acompañamento persoal por parte do equipo docente , que facilite que este proceso se faga do xeito máis  equilibrado posible.

Por iso adoitamos emplear  diferentes metodoloxías e buscamos, todos os cursos, novos recursos e medios para ofrecer experiencias educativas onde a calidade esté ao servicio das persoas.

O noso obxectivo principal é formar alumnos autónomos, donos dun pensamento crítico e creativo e, que desde a liberdade, sexan capaces de comprometerse na tarefa de mellorar o mundo no que viven. É deste xeito como entendemos o noso lema: "FACEMOS ESCOLA, EDUCAMOS PERSOAS". 

Modalidades de 1º de bacharelato

Modalidades de 2º de bacharelato