Comedor

 

 

 

O comedor do noso Centro e xestionado pola empresa Arume.

Alimentación e educación son conceptos que deben ser complementarios. Promover hábitos de vida saudables e normas básicas de comportamento e hixiene son valores educativos nos que participamos de forma continua a través do noso proxecto educativo e coa axuda dos monitores de comedor.

O noso proxecto de formación integra ao sistema educativo e ás familias facéndolles partícipes da importancia de fomentar uns bos hábitos entre os máis pequenos.

A través de actividades, talleres ou cursos, os nenos descobren os sabores e características da cociña tradicional galega, a importancia dos hábitos correctos de hixiene, o respecto polos seus compañeiros, as normas de comportamento á hora de  comer, o respecto polo medio ambiente ou a orixe dos produtos e as súas propiedades.

Unha parte fundamental deste proxecto son os nosos monitores. No espazo do comedor os nenos non só se aliméntan e conviven, senón que aprenden nunha época fundamental das súas vidas. Por iso, é necesario coidar, dinamizar, educar e divertir. Aquí é onde os monitores realizan unha gran tarefa aportando agarimo, coidado, respecto e diversión.

O noso proxecto educativo está supervisado por pedagogos, monitores, coordinadores e demais  profesionais da educación, garantindo a súa correcta implantación.

Profesorado de Infantil e Primaria e persoal do centro, colaboran no coidado dos alumnos que fan uso deste servizo.