Educacion Primaria (6-12 anos)

    

EN EDUCACIÓN PRIMARIA o noso proxecto busca axudar a crecer como persoas, en todas as dimensións, cunha metodoloxía encamiñada a axudar ao desenvolvemento das competencias clave e a orientar as aprendizaxes para a propia realización persoal. Entendemos que o noso alumnado debe formar parte da sociedade como cidadáns activos e desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida

Apostamos por programas de Aprendizaxe Cooperativa, unha ferramenta moi potente, que permitirá e facilitará a aprendizaxe de maneira inclusiva, autónoma e solidaria e continuamos o traballo por Proxectos desde a perspectiva da teoría das Intelixencias Múltiples. O proxecto  Emat que ofrece a posibilidade de traballar e comprender os conceptos matemáticos desde as oito intelixencias, a través do xogo e a manipulación e a robótica traballada de forma transversal, son tamén acenos da nosa preocupación por aprendizaxes prácticas e significativas.

Nesta etapa o noso alumnado comeza a participar en proxectos de Aprendizaxe e Servizo, mediante os cales as nenas e nenos identifican na súa contorna próxima situacións con cuxa mellora se comprometen, desenvolvendo habilidades, actitudes e valores, actuando sobre a realidade co compromiso de mellorala. Colaboramos habitualmente  con entidades próximas, como o Centro de discapacitados San Vicente de  Paúl, a residencia de maiores  Albertia ou o centro  APSNAIS.

O Movemento San José, movemento de lecer e tempo libre cristián impulsado polo carisma das servas de San José, pretende ser un medio para a vivencia da espiritualidade e moitos dos nosos alumnos a partir de 3º de primaria pertencen ao mesmo.