Historia
A congregación Siervas de San José foi fundada en Salamanca (1874) pola Madre Bonifacia Rodríguez Castro e mais o Padre Francisco Javier Butiña S.J. Desde a súa Fundación están comprometidas na evanxelización e promoción do mundo traballador e pobre.
A acción educativa está orientada a despertar nas persoas uns valores inspirados na vida da Sagrada Familia en Nazaret:
- Estilo de vida que fomente o sinxelo e a alegría.
- Traballo responsable, ben feito, con sentido transcendente.
- Formar persoas que opten máis por SER que por TER, pola XUSTICIA máis que polo PODER, capaces de ser axente de cambio na sociedade.
A educación formal na cidade de Lugo (ensinanza primaria inciouse en 1926 na Rúa da Raíña. Posteriormente, transladáronse a un chalet da Rúa Santiago, donde, fruto da Fundación Quiroga Pardo, impartíase ensino medio, de labores, música... Ademáis, contaba con bachalerato. Será en 1963, cando se constrúa o actual colexio. Neste centro, do que na actualidade é titular a Fundación Educación Católica, preténdese a formación integral do alumnado. Así, tanto se busca a adquisición de coñecementos como o desenvolvemento da personalidade.