Pastoral Educativa FEC

A nosa pastoal educativa, unha ollada de fe sobre a tarefa escolar

Na Fundación Educación Católica entendemos a pastoral educativa como a principal razón do noso ser e facer no mundo educativo. Nos nosos centros os principais axentes de dita pastoral son os educadores.

A pastoral educativa en FEC responde a unha misión que é evanxelizar: evanxelizamos, é dicir, anunciamos a alegría da Boa Noticia mediante a educación e educamos evanxelizando.

A nosa pastoral é unha acción complexa aínda que profundamente unitaria. O que lle dá unidade é a tarefa á que todos os actores son convocados: a síntese fe-vida-cultura. Unha tarefa que se dá, na vida escolar, a través de dous procesos: un proceso que ten que ver coa evanxelización da cultura e a inculturación do evanxelio, e outro proceso que ten que ver coa evanxelización das situacións cotiás.

Propón e provoca unha mirada desde a fe en Xesús sobre toda a tarefa escolar, unha mirada que rememora, evoca e convoca a todos a ver e vivir desde os valores evanxélicos. Os nosos colexios máis que facer pastoral, son pastoral.

A NOSA PASTORAL EDUCATIVA, UNHA PASTORAL DE OPCIÓNS E ACCIÓNS.

A pastoral educativa en FEC é froito do sabernos convocados e enviados a anunciar a Boa Noticia a todos. É icono da diversidade e da unidade de carismas, é unha pastoral que educa e evanxeliza ás persoas íntegramente coas seguintes opcións e accións:

    • ten como ámbito a vida escolar e no centro da mesma están as persoas, toda a persoa e todas as persoas.
    • pensa en clave comunitaria e misionera, é unha pastoral eclesial, que prepara e promueve experiencias para a vida e para a misión.
    • está aberta á contorna. A acción debe atopar a forma de traspasar os nosos muros e chegar a outros. A pastoral debe facer referencia tanto á realidade persoal como á realidade familiar e social.
    • promove a procura dunha sociedade alternativa. Nas nosas escolas aprendemos para transformar o mundo no que vivimos no mundo soñado por Deus para a Humanidade.
    • é creativa e innovadora, conta coas tecnoloxías da información e comunicación, e se abre á linguaxe simbólica e metafórica.
    • coida e acompaña procesos, aposta polo desenvolvemento da interioridade como dimensión e capacidade humana de reflexionar, discernir, amar e optar en liberdade desde os valores do evanxelio.
    • parte da vida, da experiencia, da realidade e axuda ás persoas a vivir a súa propia historia e procesos.
    • é activa e participativa,o  que posibilita a relación interpersonal e a comunicación.

Todos somos pastoral, a pastoral faise con todos e cada un dos membros da comunidade educativa.

A nosa pastoral educativa FEC ten como obxectivo fundamental poñer a profesores e alumnos en contacto con Xesús, dándolles a oportunidade de gozar desa relación e de que poidan volver a ela cando o desexen e/ou o necesiten no camiño da súa vida.

Unha pastoral que se fundamenta e realiza desde a alegría do evangelio.

A nosa pastoral educativa FEC sábese comprometida coa causa do reino, a única que pode facer que a nosa vida sexa verdaderamente plena desde a gratuidad, o servizo e o compromiso pola xustiza.

Pastoral Educativa FEC