Plan TIC. Tecnoloxía aplicada á educación

 

No colexio estase implantado o modelo de centro TIC deseñado para os colexios de FEC no que se incorporarán as novas tecnoloxías aos procesos de ensino-aprendizaxe así como en moitas das accións educativas do día a día do centro. Este modelo xorde como resposta ás demandas dun mundo en cambio e dunha sociedade globalizada, que esixe unha excelente formación técnica do profesorado e a capacidade pedagógica para educar aos alumnos no uso crítico, responsable e eficiente da tecnoloxía.

Estamos fronte a un cambio pedagóxico que está baseado nas competencias básicas e na aprendizaxe potencial do alumno. Con esta aprendizaxe, os alumnos aprenden a resolver problemas vitais que suceden en diferentes ámbitos das súas vidas. Creemos que as TIC son un instrumento fantástico para facilitar que os alumnos consigan fomentar a súa aprendizaxe potencial.

Desta forma, o profesor converterase nun facilitador da aprendizaxe en lugar dun mero provisor de coñecementos polo que a súa formación convértese na base do seu desenvolvemento profesional e persoal.

Todo isto lévanos a un cambio metodológico, onde as TIC ocupan un lugar importante como ferramenta para a aprendizaxe no traballo diario, non só nas aulas de informática ou na asignatura de Informática, senón en todos os espazos educativos (aulas, laboratorios, talleres, etc.) e en todas as áreas de coñecemento.

O uso da plataforma educativa, ademais de permitir realizar as tarefas docentes de xestión habituais, permitirá implementar modelos de comunicación, transmisión do coñecemento e de traballo coas familias e cos alumnos adaptados a este cambio metodológico.

Evidentemente a dotación das infraestructuras e os recursos tecnolóxicos, así como a formación do profesorado nas novas habilidades pedagógicas, supón un importante esforzo económico de adaptación ás novas necesidades.

Con todo, o reto fundamental é asumir que o desenvolvemento tecnolóxico do colexio supón un cambio na cultura pedagógica e organizativa do centro. Un cambio posible no que, as actitudes de respecto aos diversos ritmos, capacidades e intereses, debe ser conxugado cunha opción decidida pola planificación, a dotación de medios humanos e materiais, e o ensaio dun novo clima de seguridade e creatividade.