Plurilingüismo

O noso centro está adscrito ao programa BEDA (Bilingual  English Development & Assessment), un programa flexible, que axuda eficazmente a mellora do ensino do inglés , sempre en coherencia coa calidade do resto dos ensinos e do Proxecto Educativo e valores do noso Colexio. Está dirixido por Escolas Católicas de Madrid e Cambridge English Language Assessment.

O obxectivo de BEDA é implantar gradualmente o ensino bilingüe Español-Inglés no colexio reforzando e ampliando determinados aspectos da vida educativa lingüística do Currículo e da contorna escolar, a través dos nosos 3 ALICERCES BÁSICOS:

    • Incremento cualitativo e cuantitativo do ensino do inglés.
    • Formación específica do profesorado.
    • Avalidación externa con Cambridge para alumnos, profesores y persoal del centro.

A implantación do Programa faise principalmente en catro etapas, que se van alcanzando segundo se amplía o nivel de ensino do inglés no Centro. O noso centro áchase no nivel 2, Modelo Bilingüe- Plurilingüe.

 

         

• Proxecto Educativo Bilingüe. Áreas bilingües e metodoloxía de ensino específico

• Mellora sustancial do número e nivel dos profesores implicados

• Incorporación de Auxiliares de Conversación

• Participación de Programas Europeos e actividades de inmersión lingüística

Contamos coa colaboración, en todas as etapas, de auxiliares de conversa en lingua inglesa. 

 

Exámenes Cambridge

 A través do Programa BEDA realízanse nos centros de Escolas Católicas, os prestixiosos exames de Cambridge. Estas probas están alineadas co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL), unha normativa internacional na que participou activamente Cambridge ESOL.

O Marco é unha escala de competencia lingüística utilizada en todo o mundo por parte de organizacións docentes e gobernos, e o ámbito empresarial.

Esta escala abarca desde o nivel A1, nivel básico ao nivel C2, dominio dunha lingua. O nivel do Marco indícase na descrición de cada exame e o cadro comparativo que figura a continuación.

           

 

Tanto alumnos, como profesores e P.A.S. poden presentarse aos seguintes NIVEIS: