Proposta educativa

 

Formulamos a nosa IDENTIDADE, o que marcará as nosas decisións educativas, e a cal orienta os procesos e proxectos e acompaña ao proxecto persoal e profesional dos nosos educadores. O lema das Servas de San José TRABALLO, FE E AMOR vertebra a nosa proposta e como centro  FEC temos como obxectivo que as nosas alumnas e alumnos crezan como seres humanos capaces, libres, solidarios, comprometidos e sobre todo, felices.

A nosa MISIÓN é ser unha escola inspirada na familia de  Nazaret, onde as persoas desenvolvan o seu propio talento e aprendan en ambientes transformadores de acollida e escoita, para descubrir o seu lugar no mundo desde a alegría do Evanxeo.

A nosa VISIÓN é ser unha comunidade educativa católica en crecemento, que  aúna diversidade de carismas, nunha identidade común, fundamentada en Jesús de  Nazaret, recoñecida por servir á sociedade e por liderar a educación desde unha proposta evanxelizadora que vertebra un modelo pedagóxico creativo e innovador, cunha xestión transparente e eficiente.

E os nosos VALORES: confianza na persoa, alegría, paixón e entusiasmo pola educación, innovación e creatividade, espírito de cambio, unidade, xustiza e compromiso coa calidade, son unha resposta a quen somos e en que cremos.

O noso lema institucional é FACEMOS ESCOLA, EDUCAMOS PERSOAS.

O noso modelo educativo é aberto e flexible, e pon á persoa ( alumnado ) no centro do proceso de ensino-aprendizaxe, converténdolle no principal axente activo do mesmo.

No noso centro, o proceso de ensino-aprendizaxe concíbese e proponse desde unha visión cristiá da vida que nos compromete a traballar potenciando o mellor de cada persoa, descubrindo novos valores e retos. Para iso, cremos esencial o acompañamento aos nosos alumnos desde a acollida, presenza, dedicación e proximidade no seu proceso de crecemento e compromiso persoal, no traballo de cada día, nas pequenas e grandes inquietudes, nos seus fracasos e éxitos co fin de ofrecerlles maior grao na adquisición de competencias que lles capaciten para afrontar novas metas con serenidade, alegría e esperanza.

A escola ten que prepara para a vida, e na vida real os nosos alumnos terán que pensar o que van facer, planificar o traballo, preparar o material, buscar os recursos e axudas necesarias para realizalo, idear como o van a expoñer e avaliar os resultados do mesmo (potenciando a toma de decisións, a autonomía, a autoestima, o compartir, o saber ceder, o aceptar e valorar ao outro...). Por iso entendemos que a formación que ofrecemos ha de ser unha formación de calidade, que lles capacite para facer fronte aos retos que se lles presenten e que lles prepare para saber potenciar os seus talentos.

Cremos, firmemente, que a comunicación é a base para a construción de relacións frutíferas. É por iso, que insistimos aos nosos alumnos en que non dubiden en comunicarnos aquilo que lles preocupe ben por medio do profesorado e os titores do grupo correspondente ou a través das reunións do Equipo Directivo coa Xunta de Delegados.

Motivamos o contacto coas familias dos alumnos/ as para tentar, por todos os medios, liquidar as dificultades que o alumnado puidese atopar tanto no proceso de aprendizaxe, como do desenvolvemento persoal dos seus fillos/ as.

Preocúpanos a dimensión internacional da Educación e formamos parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia desde o curso 2012-13, o que implica que as materias do currículo impártense en castelán, galego e inglés, sendo o francés a segunda lingua estranxeira no centro. Dispoñemos da colaboración de auxiliares de conversación en lingua inglesa, que interactúan co noso alumnado desde E.Infantil ata Bacharelato. Ademais, fomentamos os intercambios internacionais con outros centros europeos  e os nosos alumnos poden cursar no centro o programa de Bacharelato Dual Americano.