Ante a atípica volta ao cole que nos espera este curso,desde a Dirección do centro queremos transmitirvos tranquilidade.

Desde o colexio estamos en contacto permanente cos Servizos Centrais de FEC, e xuntos, traballamos no obxectivo de estar perfectamente preparados cando chegue o esperado momento de reencontrarnos co noso alumnado. Non en balde, xa en xullo elaboramos un extenso e detallado Plan de Continxencia, que nos axudou a adaptar as medidas ás circunstancias do noso colexio e que nos permitiu adiantarnos a numerosas cuestións como a compra de material de limpeza, equipos de protección e hixiene ( dispensadores de xel, papeleiras de pedal…), equipos tecnolóxicos, señalética específica… Nel están contemplados os posibles escearios -desde a desexada docencia 100% presencial pasando polo semipresencial, ata o telemático- e descendemos ao detalle organizando protocolos de entrada e saída ao centro, definindo cales serán os novos espazos para a docencia, recreo… Así mesmo, queremos destacar que non só se definíron medidas organizativas no ámbito administrativo, pedagóxico e pastoral, senón que tamén se traballou en reforzar a competencia dixital e en promover a acción titorial que cremos fundamental neste contexto tan especial e difícil. O obxectivo é garantir un acompañamento real do alumnado a todos os niveis. Como sabedes, o Goberno convocou con data 27 de agosto unha conferencia multisectorial na que participaron por primeira vez representantes de tres Ministerios. A ministra de Educación xunto á ministra de Política Territorial e Función Pública e o ministro de Sanidade e os conselleiros das CCAA debateron as últimas medidas para garantir a volta ao colexio en condicións de seguridade. Estamos a facer un enorme esforzo para revisar unha a unha as medidas resultantes desta reunión, así como as disposicións autonómicas, e comunicarémosvos novidades en canto nos sexa posible.
  • Copiar