Novo servicio solidario! Desde xa, podes realizar donacións  para as Becas Don Martín a través de Bizum

Como sabedes, en todos os colexios FEC tratamos de poñer un dobre esforzo en dar aos nosos alumnos unha educación integral que contempla nun plano fundamental a dimensión humana. Queremos que os nosos alumnos se convertan en homes e mulleres empáticos, solidarios, xustos... e cultivar neles a súa vocación de servizo ensinándolles desde pequenos a importancia de axudar aos demais na medida das nosas posibilidades. Ao longo dos cursos poñemos en marcha distintas iniciativas solidarias coas que tratamos de dar visibilidade a unha causa moi especial: as bolsas Don Martín. Pois este ano lanzamos unha novidade importante. Ademais de seguir colaborando nos nosos kioskos solidarios, poderás realizar doazóns directas a través de Bizum. Este servizo permíteche enviar diñeiro sen custo a través do móbil, utilizando a aplicación de banca a distancia da túa entidade. Máis cómodo, máis rápido e máis seguro. Desde xa poderás realizar doazóns do importe que consideres e no momento que queiras a través do código 00891, doazóns que servirán para financiar gastos académicos das familias FEC que necesitan axuda.

Contámoscho todo no seguinte vídeo de presentación: