- A Xunta abre o prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, as axudas para a adquisición de libros de texto, e os vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro ano académico 2020-21.
- A convocatoria está regulada na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
No documento adxunto podedes ver as indicacións correspondentes, e para aclarar calquera dúbida , poñédevos en contacto coa secretaría do centro : 982 221 501
ATENCIÓN: A DATA DE ENTREGA DE LIBROS NO CENTRO SERÁ O 30 DE XUNIO( RECIBIREDES CIRCULAR COS HORARIOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA EDUCAMOS)