O LUNS ,14 DE SETEMBRO COMEZA DE NOVO O SERVIZO DE MADRUGADORES E DE COMEDOR.

O vindeiro luns comezaremos de novo os servizos de comedor e madrugadores. MADRUGADORES: Debido á situación en que nos atopamos , trasladamos as aulas de madrugadores á zona de comedor. Para acceder ás mesmas, a porta que utilizaremos será a do canellón de Rúa do Merlo, e a hora de entrada será de 7:50 a 8:10. Rogámosvos respectedes este horario , pois os monitores a partir desa hora xa non poderán atender a porta. COMEDOR: Desde o centro avisouse telefonicamente ás familias que poden facer uso do servizo este curso. Lamentamos non poder atender, por razóns de aforo , todas as solicitudes. As quendas organizaranse do seguinte modo:

-INFANTIL: Comerán ás 13:30 e recolleranse nas aulas de 3 anos, de 14:30 a 15:30. -PRIMARIA: Comerán ás 14:30 e recolleranse pola porta do soportal de entrada ás 15:30. En ambos os casos NON SE UTILIZARÁ BOLSA DE ASEO. A LIMPEZA BUCO-DENTAL REALIZARASE EN CASA E PARA SECARSE UTILIZARANSE PANOS DE PAPEL DESBOTABLES.