Queres saber cómo nos  preparamos para minimizar os riscos ante a volta ao cole?

  En todos os Colexios FEC estamos a facer un gran esforzo para poder adaptar as nosas instalacións, procedementos e protocolos ás novas necesidades derivadas da expansión da Covid-19 no noso país.

A seguridade do noso alumnado, familias e educadores foi o núcleo das nosas decisións. O risco cero non existe, pero na nosa man si está poder poñer todas as medidas non só sanitarias ou laborais, senón pedagóxicas para tratar de minimizar o seu impacto.

Contamos con toda a comunidade educativa nesta tarefa. Xuntos somos máis e por iso, agradecémosvos a vosa colaboración, comprensión e flexibilidade #ante unha situación que é nova para todos.

Tratemos de construír un clima de aprendizaxe estable e positiva para os nosos alumnos e teñamos moi presente o lema deste ano "Cóidache, cóidao, cóidalle"

Na seguinte ligazón poderás acceder ao documento interactivo no que recollemos algunhas das claves xerais do Plan de Continxencia FEC.

Por favor, ten en conta as seguintes consideracións:

  • É importante distinguir entre o Plan de Continxencia FEC, que recolle unicamente medidas xerais de aplicación en todos os Colexios FEC e os Plans de centro, que son os documentos, que recollen as medidas organizativas particulares de cada colexio.
  • Os Plans de centro comunicaranse ao alumnado, familias e educadores a través dos medios do propio centro
  • Tanto o Plan de Continxencia FEC como os Plans de centro están en constante revisión e poden sufrir modificacións para adaptarse ás novas circunstancias ou requirimentos das autoridades competentes.

 

PLAN DE CONTINXENCIA FEC