CESE DA ACTIVIDADE NO COLEXIO-CONTACTOS-

Queridas familias:

Trala declaración de Estado de Alarma no noso país ,a partir do luns cesará toda a actividade presencial nos centros e polo tanto o colexio permanecerá pechado.

O noso compromiso é estar aí para vós como sempre ,aínda que sexa de forma telemática-, intentando ser o máis creativos posible a nivel pedagógico. Este será o noso granito de area para axudar a soportar o mellor posible esta situación.

O seguimento de tarefas e alumnado, así como a comunicación coas familias vaise a seguir realizando como antes, vía Educamos. Así mesmo, si houbese  calquera novidade, sobre todo no relativo á avaliación dos alumnos de cursos superiores (BACHERELATO) será comunicada na web do centro e directamente ás familias afectadas a través de dita plataforma.

Para facilitar as comunicacións co centro facilitámosvos as seguintes direccións de correo electrónico:
- RECIBOS E TEMAS ECONÓMICOS: sanjose.lugo@colegiosfec.com
- SECRETARÍA (matrículas, admisiones, etc.): rosa.polo@colegiosfec.com
- FUNCIONAMENTO PLATAFORMA EDUCAMOS: rosa.polo@colegiosfec.com
- ORIENTACIÓN: jmanuel.villasante@colegosfec.com
- DIRECCIÓN PEDAGÓGICA ISO-BAC e ADMISIONES BAC: mmar.fernandez@colegiosfec.com
- DIRECCIÓN PEDAGÓGICA INFANTIL-PRIMARIA E DIRECCIÓN XERAL DO CENTRO : eulalia.lopez@colegiosfec.com
* TELÉFONO DO COLEXIO dispoñible de 10:00h. a 13:00 h.: 982 221 501

Si houbese calquera novidade que supoña a suspensión dos prazos administrativos ou novas datas, informaremos por todas as vías de comunicación do colexio.
Queremos aproveitar este medio para transmitirvos a todos unha mensaxe de unidade, responsabilidade e compromiso social. Todos somos parte da solución e xuntos superaremos esta crise.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un abrazo,


Eulalia López Lorca

Directora Xeral