A Xunta anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis , a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada.

 

 

Estimada Comunidade Educativa: 

 

Ainda que xa estaredes ao tanto, queremos informar también desde o Centro das medidas especiiais anunciadas polo  presidente de la Xunta esta tarde con obxeto de frenar a expansión do coronavirus.  

Todos os centros educativos desde E. Infantil ata a Universidade permanecerán pechados a partir do luns 16 de marzo durante un periodo previsto de 14 días.  Suspéndese por tanto a actividade docente presencial e a partir dese momento quedarán tamén canceladas todas as actividades complementarias, excursións e viaxes. 

Mañá ,venres ,o  Colexio continuará coa súa  actividade docente ordinaria. 

 

Por todo , a Dirección do Centro, en coordinación co Comité de Dirección de FEC e atendendo ás instruccións que se dicten concretando as indicacións acordadas hoxe pola Xunta,  reuniráse mañá para tratar de minimizar o impacto que poidan ter estas medidas no desenvolvemento académico do alumnado. 

 

Informaremos tan pronto como sexa posible de todos os  aspectos que non están recollidos  no  texto da nota de prensa oficial que adxuntamos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/47969/feijoo-avanza-posta-m...