ANAR e FEC uníronse para traballar xuntos na protección de nenos/as e adolescentes.
O obxectivo principal da Fundación ANAR nos colexios é dar a coñecer os seus proxectos e liñas de atención para que, tanto os/as nenos/as e adolescentes, como os pais, nais e educadores, poidan recibir axuda cando teñan algún problema. Pero non só esto; é básico actuar desde a prevención e para iso, ANAR e FEC puxeron en marcha un programa de prevención e formación específica para alumnado, familias e educadores FEC.