Un dos nosos proxectos emblema son as Bolsas Don Martín. Un fondo solidario creado exclusivamente para axudar a aquelas familias da nosa comunidade educativa que necesitan apoio para que os seus fillos/as poidan continuar a súa formación sen limitacións.
Contamos ademais con algúns puntos de doazón tanto físicos (quioscos solidarios FEC) como virtuais (Bizum), a través dos cuales xestionamos as campañas propias ou expresamente eclesiais en coordinación con distintas institucións e tamén en determinadas emerxencias puntuais ás que sempre necesitamos apoiar.