BENVIDA DA NOVA DIRECTORA XERAL
Querida Comunidade Educativa:
Que emoción comezar un novo curso todos xuntos! Douvos unha calorosa benvida e deséxovos un ano cheo de aprendizaxes e alegría.
Primeiro de nada, quero agradecer de corazón á nosa anterior Directora, Lala a súa dedicación e o gran traballo que fixo polo noso colexio, onde sen dúbida, xa deixou unha pegada indeleble. Grazas, por tanto, Lala!
Como nova Directora, o meu obxectivo é simple pero poderoso: que xuntos saquemos o mellor de cada un dos nosos alumnos e alumnas, porque aquí, “facemos escola e educamos persoas”.
Para as familias: A súa confianza e apoio son o piar de todo. Queremos que sintan o colexio como o seu segundo fogar e que traballemos en equipo polo futuro dos seus fillos e fillas. Estaréi sempre disposta a escoitar ideas e inquietudes. Grazas por seguir crendo en nós!
Para os estudantes: Son o corazón deste lugar. A miña porta sempre estará aberta. Quero escoitarvos, apoiarvos e axudarvos a alcanzar os vosos soños. Grazas pola enerxía e a ilusión que traedes cada día!
Para os meus compañeiros e compañeiras educadores: Sodes o motor! Grazas polo voso compromiso diario. Neste curso espérannos novos desafíos e grandes oportunidades. Sigamos traballando xuntos para innovar e dar o mellor de nós e axudar ao noso alumnado para ser a súa mellor versión.
Aproveito a oportunidade para presentarvos ás persoas que me acompañarán nesta aventura apaixonante, e que forman o Equipo Directivo do centro. Todas e cada unha delas, comprometidas coa nosa misión, visión e valores para lograr que o noso centro siga crecendo no medio da sociedade. Só podo dicirvos: grazas polo voso si xeneroso!grazas por acompañarme! Elas son:
Directora Académica de ESO e BAC: Antonia Gamallo.
Xefa de Estudos: Inma Fuentes.
Coordinadora de Animación Pastoral: Noelia Barrios.
Administradora: Sandra Vidal.
E xa, por último, non quero deixar pasar estas liñas sen dar grazas a Deus por este agasallo inmerecido que me fixo. Doulle grazas pola Fundación Educación Católica, á que sinto como a miña familia, e a ela, na figura do seu secretario executivo Juan Ignacio Yagüe, pola confianza que depositan en min para levar a cabo este servizo. Tamén dou grazas polas Servas de San José que nos deixaron este legado vivo que perdura ata os nosos días, que El lles siga bendicindo cada día con abundantes vocacións.
Tan só nos queda seguir facendo historia xuntos!
Con gran gratitude e entusiasmo,
María.

