Plurilingüismo

Plurilingüismo – Programa BEDA

Desde o proxecto de plurilingüismo coñecemos o valor social e a importancia profesional que conleva o coñecemento doutras linguas hoxe en día, e é por iso polo que os idiomas supoñen unha prioridade para o noso Centro.

O Colexio FEC – San José  forma parte do programa BEDA de Escolas Católicas, do mesmo xeito que formamos parte do programa BEDA KIDS, para a Etapa de Infantil.

O Colexio ofrece a posibilidade de que os alumnos que o desexen preséntense aos exames de Cambridge ESOL, unha proba externa de prestixio internacional realizada pola Universidade de Cambridge.

Potenciamos a inmersión total nos idiomas que ensinamos a través de viaxes ou semanas de inmersión dependendo das idades.

Contamos con auxiliares de conversación que pasan semanalmente por todas as aulas do colexio. Son profesores que veñen de diferentes países anglosaxóns, polo que ademais de mellorar o inglés os alumnos puideron coñecer mellor aspectos culturais que lles eran descoñecidos ata o de agora.

Cambridge ESOL exams

Desde FEC e o Programa BEDA cremos que a avaliación externa dos nosos alumnos é necesaria para avaliar os logros do noso ensino e mellorar na nosa práctica docente. Eliximos os exames de Cambridge como mellor opción por diversas razóns:

Son exames que gozan dun recoñecemento de calidade internacional xa que seguen a norma ISO9001:2000.
Son exames que cobren todos os niveis de aprendizaxe e que se adecúan ás necesidades educativas e ás idades dos estudantes de inglés.
Cobren as catro destrezas básicas na aprendizaxe de idiomas Listening, Speaking, Reading and Writing, valorando así a capacidade dos estudantes para comunicarse en inglés.
Deséñanse con 4 calidades: validez, veracidade, impacto e funcionalidade.

Os niveis que ofertamos aos nosos alumnos son:

En primaria os Young Learners Exams (YLE) que teñen 3 niveis: Pre A1 Starters, A1 Movers and A2 Flyers.
A2 Key for Schools é o primeiro exame no que se avalían as catro destrezas. Un A2 é un nivel inicial alto. Os alumnos deben de ser capaces de manexar lingüisticamente situacións diarias básicas e predicibles.
B1 Preliminary for Schools é un nivel intermedio baixo. Os alumnos deben de ser capaces de manexar o inglés en situacións diarias con propósitos xerais usando estruturas máis complexas.
B2 First for Schools é un nivel intermedio alto. Os alumnos deben manexar as estruturas principais con seguridade demostrando un coñecemento amplo do vocabulario e de diferentes estratexias comunicativas en función das diferentes situacións sociais.
C1 Advanced é un nivel alto inicial.. Os alumnos deben demostrar a súa competencia lingüística en diferentes situacións sociais con falantes de diferentes orixes e adaptándose aos diferentes rexistros comunicativos.

Proyectos E-Twinning e Erasmus+

Os proxectos E-Twinning e os Erasmus son proxectos europeos para a colaboración escolar. Consiste no desenvolvemento dunhas actividades polo tempo que acordan os profesores implicados. As actividades poden ser sinxelas e puntuais ou máis complexas e alongarse máis no tempo.

O obxectivo é o uso das novas tecnoloxías para a comunicación en temas de aprendizaxe e o uso do idioma inglés en situacións reais para desenvolver os temas e actividades a tratar.