Dimensión internacional

O noso centro ten como obxectivo impulsar comunidades educativas abertas a un enfoque internacional e intercultural da educación, poñendo de relevo as relacións entre nacións, persoas, culturas e institucións.

Ensinanza plurilingüe

O noso enfoque do ensino plurilingüe en galego, castelán e inglés, como primeira lingua estranxeira, e a inclusión do francés como segunda  lingua estranxeira, obedece á intención de fomentar a empregabilidade, a realización persoal, a cidadanía activa, o entendemento intercultural e a inclusión social do noso alumnado no futuro, no marco dos obxectivos europeos.

Os nosos Plans de Plurilingüismo establecen como principio fundamental o recoñecemento do pluralismo e da diversidade cultural existente na sociedade actual, como factor de cohesión que pode contribuír ao enriquecemento persoal, intelectual e emocional, así como á inclusión social.

Programas de intercambio

Os programas de intercambio permiten poñer en contacto ás comunidades educativas de dous colexios de distintas nacións, colaborando no desenvolvemento dun programa conxunto centrado na aprendizaxe de linguas e difusión da cultura de cada país. Nestes casos ,cada colexio actúa como colaborador no desenvolvemento do proxecto, sen que haxa outros intermediarios.

Programas de inmersión

Estes programas permiten realizar cursos de inmersión lingüística no país de destino ou en campamentos especializados dentro da propia España. Hai gran variedade de oferta grazas aos acordos alcanzados con varias empresas do sector que foron homologadas grazas á súa especial atención á calidade pedagóxica dos programas ofrecidos.

Erasmus +

A Unión Europea busca reforzar a identidade, as linguas e a cultura europea, así como fomentar os procesos de innovación, desenvolvemento social, inclusión… a través da dotación dunha serie de accións que van desde a formación do profesorado ata as estancias de longa ou curta duración do alumnado de educación escolar, entre outros. Son un elemento esencial para o desenvolvemento da internacionalización nos nosos centros.

Bacharelato Dual

O Bacharelato Americano é un programa creado e desenvolvido por Academica Corporation, que é a maior institución estadounidense de xestión educativa. O Diploma Dual permite aos alumnos obter 2 titulacións simultáneas: a propia do seu país e o American High School Diploma, todo iso a través dun sistema de ensino-aprendizaxe online, acompañado de profesorado norteamericano e tutorizado en España por educadores de Fundación Educación Católica. Durante o programa o alumnado desenvolve a moi alto nivel as competencias lingüística en inglés, a competencia dixital e a autonomía, así como a capacidade emprendedora.

Auxiliares lingüísticos

Unha lingua non é tan só o conxunto de signos e normas que a articulan, senón a ferramenta que existe para favorecer as relacións sociais, culturais, económicas… dos seus falantes. Por iso, o incluír a posibilidade de compartir momentos e experiencias con falantes doutras linguas e nacións, convértese en algo esencial para a procura do éxito dos programas de Ensino Bilingüe e do impulso de comunidades abertas a un enfoque internacional da educación.