DIXITALIZACIÓN

Subvención recibida para a colocación de 12 paneis interactivos de 75”, cos seus correspondentes ordenadores, en aulas de Educación Primaria e ESO.

Orzamento: 29.591,76 €

Actuación financiada cos fondos NEXGENERATION da Unión Europea e o Plan de Recuperación e Resilencia e apoiado pola Xunta de Galicia.

Os paneis dixitais interactivos, ademais de mellorar o equipamento informático, son un recurso fundamental para conseguir os seguintes obxectivos:

– impulsar a aprendizaxe activa e colaborativa.

– presentar contidos de forma máis dinámica e atractiva.

-acceder de forma áxil a unha maior cantidade de contidos e recursos.

-mellorar a atención e motivación do alumnado.

-utilizar diferentes recursos para facilitar unha aprendizaxe significativa.