Metodoloxía
A educación integral do alumnado é un dos obxectivos principais do centro. Na etapa de Educación Secundaria vólvese fundamental a educación en valores. Para iso, continuamos introducindo experiencias de Aprendizaxe-Servizo que lles permitan desenvolver o sentido solidario e o compromiso coa sociedade.
A excelencia é un piar básico na pedagoxía do centro. A través da Aprendizaxe Baseada en Proxectos e do traballo cooperativo fomentamos a empatía, a colaboración, o esforzo persoal, o pensamento crítico…
Tamén prestamos especial atención á competencial dixital. Por iso, o alumnado traballa coa plataforma educativa Educamos e ten a súa propia conta de Microsoft 365.
Para acompañar ao alumnado de maneira máis individual e personalizada, contamos cun Plan de Acción Titorial propio no centro.
Dimensión internacional
O noso colexio é un centro plurilingüe e está integrado no Plan de BEDA.
Ofrecemos a posibilidade de que os alumnos que o desexen preséntense aos exames de Cambridge ESOL, que poderán realizarse no noso propio centro.
Ademais, nesta etapa, seguimos contando con auxiliares de conversación nativos co obxectivo de que o alumnado poida compartir momentos e experiencias con falantes doutras linguas e nacións, algo esencial de fronte ao impulso de comunidades abertas a un enfoque internacional da educación.
Grazas á acreditación Erasmus + o noso alumnado pode experimentar diferentes experiencias de inmersión en lingua inglesa e francesa( segunda lingua estranxeira ) .
Nesta etapa impartimos en inglés as materias de E.Física e música.
Bachalerato Dual
O Bacharelato Americano é un programa creado e desenvolvido por Academica Corporation, que é a maior institución estadounidense de xestión educativa. O Diploma Dual permite aos alumnos obter 2 titulacións simultáneas a propia do seu país e o American High School Diploma, todo iso a través dun sistema de ensino-aprendizaxe en liña, acompañado de profesorado norteamericano e titorizado en España por educadores de Fundación Educación Católica. Durante o programa, o alumnado desenvolve a moi alto nivel a competencia lingüística en inglés, a competencia dixital e a autonomía, así como a capacidade emprendedora.
Optativas
Optativas de 3º ESO
- Segunda lingua estranxeira: francés.
Oratoria
Cultura clásica
Educación dixitalAs materias de oratoria e cultura clásica soamente pódense cursar unha vez na etapa. O alumnado que a elixa en 3º non poderá elixila en 4º.
Itinerarios de 4º ESO
Itinerarios pendentes de modificar para o curso 2023-24
Horario
8:30 -Apertura portas
8:40 Actividade lectiva
11.25 - Recreo
12:05 - Actividade lectiva
14:25 - Fin xornada-Comedor
16:00 - Actividade lectiva ( solo luns)
17:50 - Fin da xornada luns
Instalacións
Aulas
Laboratorios
Comedor
Patio
Uniforme escolar
É obrigatorio para todo o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria asistir ao colexio co uniforme completo (incluíndo Babi no caso de Infantil e 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria).
Os alumnos do noso colexio deberán usar a uniformidade de Educación Física para o desenvolvemento destas actividades.
As zapatillas de deporte deben ser de cor branca e os zapatos do uniforme de rúa, azul mariño.
O uniforme non dispón de abrigo, pero este sempre deberá ser de cor azul mariño e sen adornos de calquera outro cor.
Actualmente, pódese adquirir na tenda Sfera , do centro comercial As Termas ou en O Corte Inglés (tamén on-line).
O uso correcto do uniforme, así como a boa presentación persoal, son signos de educación e respecto e axudan aos alumnos na adquisición de hábitos de limpeza e orde. É responsabilidade dos titores legais que o alumnado asista ao colexio aseado e ben presentado.