Toda práctica educativa baséase nunha determinada antropoloxía que ten detrás un modelo do ser humano. Dende a FEC queremos transmitirlle ao noso alumnado unha visión da vida e un modelo concreto de ser persoa que non exclúa o respecto polo crecemento e as peculiaridades da persoa, nin polas opcións vitais que poidan tomar na súa vida.
Así, realizamos a nosa tarefa educativa co obxectivo de que o noso alumnado sexa persoas equilibradas, agradecidas, competentes, libres, comprometidas e, por suposto, felices; e guiámoslles para que nazan todo o bo, o fermoso e o verdadeiro que leva dentro a persoa.
Toda a nosa comunidade educativa vive a educación con entusiasmo, sabendo que o final do camiño é educar persoas máis plenas e felices, que desenvolven o seu propio talento para descubrir o seu lugar no mundo e están comprometidas coa construción dun mundo máis xusto.