"ADMINISTRACIÓN MÁIS MODERNA, ÁXIL E INCLUSIVA” 

 

A Dirección Xeral da Función Pública presenta o vindeiro venres no colexio, unha Xornada de Captación de Talento, que incluímos no noso Plan de Orientación Profesional. 

 

Esta xornada divulgativa informará o noso alumnado de 4º de ESO e  BAC sobre o obxectivo de reconverter a Administración do Estado nunha institución máis moderna, áxil e inclusiva e sobre as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública como saída profesional. 

 

Acompañarannos Sonia Postigo (coordinadora deste proxecto), Antía García (do Corpo Superior de Inspectores de Facenda), Jairo Muñoz (do Corpo Técnico de Auxiliares de Informática da Administración do Estado) e Inés García Abad (do corpo de Observadores de Meteoroloxía do Estado)  

 

 

 

Máis información en:  https://www.mptfp.gob.es/portal/funcionpublica/funcion-publica/ep-pp/talento.html