Coñece as bases do noso proxecto de etapa

  • Estimulación temperá da intelixencia combinando o exercicio físico co programa de estimulación da linguaxe oral,no que colabora o equipo de orientación do centro e o alumnado de ESO e BAC.
  • Programa Entusiasmat para a aprendizaxe das matemáticas, que incorpora o traballo coas  múltiples intelixencias para que as nenas e nenos teñan a oportunidades de aprender un mismo concepto matemático desde o os diferentes ángulos.
  • Proxectos de comprensión deseñados polo equipo docente que integran e globalizan os aprendizaxes das tres áreas do currículo.
  • Cultura de pensamento traballando as distintas rutinas e destrezas que permiten a propia reflexión e interiorización sobre o aprendizaxe.
  • Aprendizaxe cooperativo que facilita a adquisición de coñecemento gracias á cooperación dos distintos membros do equipo , pero sobre todo como ferramenta para aprender a cooperar.
  • Proxecto de lectoescritura que mestura varias metodoloxías, de enfoqe constructivista e respectando sempre o ritmo de maduración de cada un.
  • Proxecto Xadrez na aula para promover o desenvolvemento de múltiples habilidades mentais que optimizarán os seus procesos de aprendizaxe.
  • Auxiliar nativo de conversa en lingua inglesa, acompañando a inmersión lingüística neste idioma desde o primeiro curso de E.Infantil
  • Partcipación das familias na vida da aula, a través de diferentes obradoiros e actividades que facilitan o diálogo e a colaboración colexio-familia.
  • Pastoral Educativa como eixe  do noso  proxecto.

 

 Se queres máis información accede á presentación "Coñece o colexio en tres minutos" ou concerta unha cita presencial co noso equipo : 982-221-501.