Iniciamos a nosa andaina no proxecto Erasmus+ co proxecto “Destino: innovación sostible”

 A axencia nacional SEPIE concedeunos a subvención necesaria tras a nosa  primeira solicitude para participar no proxecto financiado pola Unión Europea. Trátase dun proxecto da acción crave 122 (KA122), Proxectos de curta duración para a mobilidade de alumnado e persoal de educación Escolar que persegue os seguintes obxectivos:

 

· Os espazos e as TICS como axentes facilitadores da aprendizaxe

 

· Concienciación ambiental da Comunidade Educativa

 

· Formación en TIC e idiomas do profesorado do centro

 

Grazas a este proxecto Erasmus+, 6 profesores do colexio terán a oportunidade de desenvolver e mellorar as súas competencias profesionais mediante a realización de cursos de formación continua e períodos de observación de boas prácticas educativas en centros de Finlandia, Italia e Portugal. Estas actividades, que levarán a cabo durante este curso escolar, permitirán que estes docentes compartan experiencias con outros compañeiros europeos para abordar retos comúns, como son: as competencias dixitais, a aprendizaxe de idiomas e o aproveitamento de espazos.

 Coñece no seguinte enlace algo máis do noso proxecto   DESTINO: INNOVACIÓN SOSTIBLE

Aquí podes obter  información xeral sobre os programas  Erasmus +