BUSCAS COLEXIO EN LUGO ?
Sabemos que a elección de centro educativo para as vosas fillas e fillos non é unha decisión fácil.
Se estades a buscar colexio en Lugo e queredes coñecernos e que vos presentemos o noso Proxecto Educativo, convidámosvos a unha Xornada de Portas Abertas presencial na que , adoptando todas as medidas de prevención establecidas, resolveremos todas as cuestións que vos preocupan .
Se pola situación actual, preferides non asistir presencialmente, tamén poderedes asistir a unha reunión virtual , ou chamarnos por teléfono e concertar unha cita.
Enchede este formulario e elexide a opción que máis os conveña.
Esperámosvos!