Timeline
Santa Bonifacia Rodríguez
A congregación Servas de San José foi fundada en Salamanca (1874) pola Nai Bonifacia Rodríguez Castro e polo Pai Francisco Javier Butiñá S.J. Desde a súa Fundación están comprometidas na evangelización e promoción do mundo traballador e pobre.
A súa acción educativa está orientada a espertar nas persoas uns valores inspirados na vida da Sacra Familia en Nazaret:
-Estilo de vida que fomente a sinxeleza e a alegría.
-Traballo responsable, ben feito, con sentido transcendente.
-Formar persoas que opten máis por SER que por TER, pola XUSTIZA máis que polo PODER, capaces de ser axentes de cambio na sociedade.
A educación formal na cidade de Lugo (ensino primario) iniciouse en 1926 na rúa da Raíña. Posteriormente, grazas á doazón da Fundación Quiroga Pardo, trasladáronse a un chalé da Rúa Santiago, onde se impartía ensino medio, de labores e música ademais, de bacharelato. Será en 1963, cando se constrúe o actual colexio.
Neste centro, do que na actualidade é titular a Fundación Educación Católica, preténdese a formación integral do alumnado. Así, búscase tanto a adquisición de coñecementos como o desenvolvemento da personalidade.