Identidade Institucional

A misión da FEC é asumir a titularidade dos centros educativos católicos co obxectivo de garantir a súa continuidade e crecemento sostible como escolas nas que as persoas desenvolvan o seu propio talento e aprendan en contornos transformadores para descubrir o seu lugar no mundo dende a alegría do Evanxeo.

“Somos escolas onde as persoas desenvolven o seu propio talento”

Ser unha comunidade educativa católica cun carisma de unidade que, atenta aos signos dos tempos, e en constante diálogo coa fe e a cultura, consiga implantar modelos pedagóxicos e pastorais creativos e innovadores que axuden ao seu alumnado, profesorado e PAS a desenvolverse o seu propio talento, a súa liberdade e a súa felicidade ao máximo, nun ambiente de convivencia e de encontro con un mesmo, cos demais, co seu entorno e co Deus que Xesús nos presenta no Evanxeo.

CONFIANZA NA PERSOA

Cremos que cada persoa encarna un talento e que este talento pode encher toda a súa existencia de vida e paixón: só precisa que alguén se achegue a el con fe e lle brinde oportunidades de desenvolvemento.

FELICIDADE

Cremos nun Deus que nos ama incondicionalmente e que se deu a coñecer por nós a través de Xesús do Evanxeo que nos invita a vivir agradecidos e gozosos.

PASIÓN E ENTUSIASMO POLA EDUCACIÓN

A educación, o que pasa na aula, a experiencia do alumnado, os soños dos seus profesores, as inquedanzas das familias que confían no noso proxecto…, todo isto tócanos o corazón: cada día estamos apaixonados e ilusionados.

INNOVACIÓN E CREATIVIDADE

Creamos climas de confianza e creatividade nos que mantemos a mente aberta na procura de solucións e mellores respostas aos retos que asumimos.

ESPÍRITU DE CAMBIO

Vivimos en constante renovación e buscamos anticiparnos aos cambios para ofrecer hoxe o que será mellor para mañá.
Non nos conformamos coas “cousas como están” e cremos que para aprender é necesario cuestionarse en procura de respostas intelixentes e humanas.

UNIDADE

Acollemos a diversidade como riqueza ao servizo dun proxecto educativo-pastoral común. A convivencia e o traballo en equipo son o lugar natural da experiencia educativa e o motor de cada escola.

XUSTIZA

Queremos facer un mundo mellor e máis habitable, por iso educamos na solidariedade, o respecto polos dereitos humanos, a diversidade e a conciencia ecolóxica.

COMPROMISO COA CALIDADE

O noso compromiso é ofrecer experiencias educativas onde a calidade estea ao servizo das persoas.

Click na imaxe para descargar o documento completo