No noso centro consideramos a orientación como un dereito do alumno na medida en que contribúe ao desenvolvemento integral da súa persoa e á necesaria personalización da actividade docente, para atender as súas necesidades educativas, así como para desenvolver ao máximo os seus talentos e descubrir o seu lugar no mundo.
Así, o departamento de Orientación do noso Colexio está formado por un equipo de especialistas en Psicoloxía e Pedagoxía que ofrecen a toda a comunidade un espazo de escoita, de reflexión, de axuda… coa finalidade de conseguir para todo o alumnado unha atención personalizada que posibilite o seu éxito escolar como medio para poñer os seus dons ao servizo dos demais.
Atención á Diversidade.
Convivencia.
Apoio ao proceso de Ensino-Aprendizaxe.
Acción Titorial.
Orientación Académico-Profesional.