Pastoral FEC

Os colexios FEC son escolas onde as persoas desenvolven o seu propio talento e aprenden en ambientes transformadores, para descubrir o seu lugar no mundo desde a alegría do Evanxeo.

Neles, a evangelización realízase a través de todas as actividades do centro, empezando pola académica. Así, por medio das diferentes materias e iniciativas transmítese unha visión do mundo acorde co evanxeo.

Nunha sociedade plural, aberta a todas as interpretacións da existencia e a diversas propostas éticas, desde o centro preténdese favorecer un san e edificante diálogo entre fe, cultura e vida, sen pretender instrumentalizar a institución escolar e respectando as súas finalidades.

A pastoral dos colexios FEC caracterízase por ser:

Acolledora e aberta.
Motivadora.
Proactiva.
Comprometida.
Experiencial.
Participativa.
Crítica.
Familiar.
Alegre.