Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial é unha ferramenta que nace co obxecto de xerar un marco común para o desenvolvemento de toda a acción titorial levada a cabo nos colexios FEC.

A súa finalidade é facilitar o labor dos educadores na importante misión de protagonizar unha acción titorial con vistas ao pleno desenvolvemento persoal do noso alumnado, poñendo á súa disposición recursos e materiais para a acción titorial secuenciados por niveis educativos.

Concibimos a titoría como un recurso educativo ao servizo do crecemento e da aprendizaxe, sendo a acción titorial inseparable do proceso de ensino aprendizaxe. Por iso, era necesario crear un plan propio, coherente coa nosa identidade institucional, o modelo pedagóxico de FEC e os trazos evanxelizadores da nosa Fundación.