Co obxectivo de mellorar todos os procesos que teñen lugar no día a día do noso colexio, así como potenciar a comunicación entre todos os membros da comunidade educativa e fomentar un modelo de aprendizaxe personalizada e innovadora grazas á utilización de múltiples contidos, soportes e procesos didácticos, apostamos por unha plataforma educativa que nos/nos permita levar a cabo todo esto.
A través da plataforma podemos estar conectados á vida diaria do centro nun único espazo no que:
Recibir circulares.
Comunicarvos cos educadores nunha contorna dixital segura.
Consultar a evolución académica do alumnado: notas, avaliacións, tarefas…
Xustificar as ausencias e atrasos.
Consultar o horario de clase.
Realizar a inscrición a servizos e actividades.
Facer seguimento de pagos e recibos.
Aceptar ou rexeitar entrevistas e autorizacións.
Así mesmo, desde a plataforma Educamos o alumnado ten acceso a unha conta educativa de Microsoft 365:
Outlook: recibir e enviar correos electrónicos.
Teams: videoconferencias, compartir arquivos, envío e recollida de tarefas, traballos colaborativos, etc.
OneDrive: almacenamento na nube, compartir arquivos, etc
Word, Excel, Power Point, etc.
Licenzas de office365 para a instalación en dispositivos propios dos alumnos.