Proposta Educativa

Estilo educativo

Un estilo educativo que, inspirado no Evanxeo e baseado no amor, recoñece o valor de cada persoa, xera experiencias humanizadoras e de desenvolvemento persoal nun ambiente próximo e sinxelo.

Proxecto educativo

Un proxecto educativo que xira arredor da vontade de servir ao proceso de pleno desenvolvemento de cada persoa nunha sociedade xusta, aberta a todos e comprometida cos máis débiles e desfavorecidos.

Educación integral

Cremos na necesidade dunha educación integral do alumnado na que se teñan en conta todas as dimensións da persoa:

  • Traballamos para crear ambientes felices e familiares, onde os estudantes poidan desenvolver todos os seus talentos e converterse na mellor versión de si mesmos.
  • Fomentamos a cultura do esforzo, a formación continua e a motivación para aprender.
  • Promovemos dinámicas de educación en interioridade e espiritualidade cristiá desde a proposta de valores institucionais.
  • Consideramos fundamental o acompañamento do alumnado ao longo de toda a súa estancia nos centros educativos, polo que facemos especial fincapé na acción titorial a través dun Plan de Acción Titorial institucional que inclúa todos os ámbitos a traballar ao longo da escolarización.

Innovación e transformación

Apostamos pola innovación e a transformación pedagóxica na busca do aprendizaxe activo:

  • Adoptamos metodoloxías activas, centradas no alumnado, críticas e cooperativas.
  • Optamos pola metodoloxía TBL como pedagoxía preferente en Bacharelato.
  • Deseñamos espazos e ambientes transformadores que posibiliten o cambio educativo hacia una pedagoxía activa.

Novas tecnoloxías

Potenciamos a integración das TIC (Tecnologías de la Información y la Comunicación) e das TAC (Tecnologías del Aprendizaje y el Conocimiento):

  • Temos alianza con Microsoft  e outros  partners educativos para dotar ao noso alumnado dos mellores recursos tecnológicos.
  • Visibilizamos todo o proceso educativo e facemos partícipes do mesmo ás familias a través de la plataforma educativa.
  • Estimulamos o deseño de actividades que promovan un uso responsable das tecnoloxías e unha aplicación directa no entorno educativo que nos axude a posibilitar o cambio educativo.
  • Favorecemos as certificacións oficiais de Microsoft tanto do nodo alumnado como dos nosos educadores.

Enfoque internacional

Fomentamos o desenvolvemento dun enfoque internacional da educación a través de:

  • Ensino plurilingüe.
  • Participación en intercambios no estranxeiro, semanas de inmersión lingüística, etc.
  • Participación en programas Erasmus +
  • Establecemento de probas de avaliación propias de adquisición de competencias en lingua inglesa.
  • Implantamos un modelo de actividades extraescolares que fomente o uso da lingua inglesa.
  • Promovemos as certificacións oficiais, como os exames de Cambridge ou DELF
  • Contamos con auxiliares de conversación na aula en todos os niveis co obxectivo de traballar a lingua estranxeira desde unha perspectiva non só lingüística senón de riqueza cultura.