Somos un centro concertado-privado onde as persoas desenvolven o seu propio talento e aprenden en contornas transformadoras, para descubrir o seu lugar no mundo. Sempre dende a alegría do Evanxeo.
Os valores que vertebran a vida do centro son: unidade, alegría, servizo, respecto, sinxeleza, amor, perdón, confianza, sentido crítico, gratitude, esperanza, liberdade, perseveranza, autoestima, vida e salvagarda da creación.
A nosa escola é un lugar de aprendizaxe, de vida, de evanxelización; onde o alumnado aprende a coñecer, a facer, a convivir, a ser e a harmonizar a fe, a cultura e a vida; seguindo a intuición pedagóxica de Santa Bonifacia Rodríguez.
Educación motivadora
Esa parte do positivo de cada un e que esperta e fai medrar as propias calidades dos nosos alumnos, poñéndoos ao servizo dos demais.
Pedagoxía realista e práctica
Que harmoniza a demanda e seriedade dos enfoques coa flexibilidade e creatividade nas formas e medios.
Relación familiar
Unha relación familiar sinxela e próxima entre todos os membros da Comunidade Educativa.
Formación integral
Unha educación que conforma a persoa na súa dimensión transcendente.