A Entidade Titular do centro educativo é a Fundación Educación Católica (FEC), a primeira das fundacións creadas por FERE-CECA que xurdiu en 1992 para dar resposta a unha nova realidade social e relixiosa en España e poder así manter e promover a educación católica. . FEC asume a titularidade dos centros educativos católicos co obxectivo de garantir a súa continuidade e sustentabilidade.
A FEC é unha entidade educativa da Igrexa Católica, de carácter canónico, formada por escolas nas que as persoas desenvolven o seu propio talento e aprenden en contornos transformadores para descubrir o seu lugar no mundo. Sempre dende a alegría do Evanxeo.
As escolas da FEC son lugares de aprendizaxe, vida e evanxelización. Espazos innovadores, abertos á modernidade, plurais, integradores, igualitarios e próximos, onde se pretende favorecer o desenvolvemento da formación integral da persoa.